Actividade recente

Haz tu primera prenda ECO

Haz tu primera prenda ECO

Ven facer a túa primeira prenda ecolóxica deseñada por Marujita Alegre e con tecidos da fundación Fabrics For Freedom. Algún día toda a ruopa que levemos terá unha bonita historia detrás.

A fundación Fabrics For Freedom é unha iniciativa impulsada pola deseñadora Sybilla que promove as fibras textiles e a confección provinte de proxectos sociais, agrícolas ou artesáns.

A súa misión é promover as fibras textís naturais, a súa produción ecolóxica e a introdución de melloras no seu proceso artesanal e industrial, axudar na súa comercialización tendo como referencia os criterios sociais, ambientais e económicos do Comercio Xusto. Tamén apoiará ás comunidades produtoras mediante programas de desenvolvemento e fomentará a sensibilización para un consumo e produción responsable, informando das distintas alternativas que existen.

Marujita Alegre é unha deseñadora, estilista e bloguera afincada en Vigo que amosa os seus deseños inspirados en multitude de viñetas sonoras reflexo das súas tres grandes paixóns: música&cómic&moda.

Horario: luns 11 de 19.00 a 21.00
luns 18 de 19.00 a 21.00

Tarifa: 35 euros con material incluido.

Máximo de 6 prazas.

Tu primera prenda ECO
  1. (obrigatorio)
  2. (obrigatorio)
  3. (obrigatorio)
  4. (email obrigatorio)
 

cforms contact form by delicious:days